Intel amosa un ordenador cun tamaño semellante ao dunha tarxeta bancanria
martes, 30 de maio do 2017
No marco do Computex de Taipei Intel presentou un produto
realmente impresionante, a Compute
Card, que vén a ser case un ordenador completo agochado nunha carcasa de 95
x 55 x 5 milÃmetros, ou sexa, que serÃa lixeiramente máis grande que unha
tarxeta de crédito, pero poderÃa servir tanto como un ordenador para levar como
para converter unha pantalla nun equipo todo-en-un ou incluso para servir de
cerebro dunha Smart TV, dun quiosco dixital ou de todas unha serie de
dispositivos conectados.
Intel deseñou esta tecnoloxÃa confiando en convertela en todo un estándar, o
que permitirÃa, por exemplo, a actualización de sistemas con só substituÃr á
súa Compute Card (algo realmente atractivo no caso de ordenadores todo-en-un,
que tenden a ser case imposibles de actualizar, e que tamén serÃa sumamente
doado de facer).
Polo momento Intel ten previsto lanzar 4 modelos destas tarxetas, que
funcionarÃan con procesadores Intel Celeron N3450, Pentium N4200, Core m3-7Y30
e Core i5-7Y57 (ou sexa, cun amplo abano de procesadores), todos equipados con
4 GB de RAM DDR3, 64 GB de eMMC nos dous modelos máis básicos e 128 GB de SSD
nos dous modelos superiores, Wi-Fi AC e Bluetooth 4.2.
Espérase que no mes de agosto comecemos a ver estar Compute Cards no mercado, e
Intel xa conta con varios partners que van integrar esta tecnoloxÃa, de xeito
que Smart Tech utilizaraa para portátiles educativos e encerados interactivos,
LG optará polos monitores conectados, ECS polos todo-en-un, Mo-BitS Electronics
polas tabletas... e incluso compañÃas como Lenovo, Dell e HP entrarán neste xogo
que demostra a confianza dos principais axentes do mercado nunha chamada a
mudar o xeito de entendermos os equipos informáticos.