Intel presenta novas gráficas para usos profesionais

martes, 9 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Aínda que Intel non soubo pórse á altura de nVIDIA e AMD coas súas tarxetas gráficas de consumo, iso non os frea para seguir avanzando nese ámbito, e presentan agora unha familia de gráficas Intel Pro A, que non estarían destinadas a usos como os videoxogos, senón para codificar vídeo en formato AV1, traballar en machine learning e outros usos profesionais.
A nova familia de gráficas está composta pola gráfica para portátiles Intel Arc Pro A30M e para as gráficas de sobremesa Intel Arc Pro A40 e A50 (sendo esta última de dobre slot). Estas novas gráficas están orientadas ao software profesional, como aplicacións de arquitectura, enxeñaría, construción, deseño... así como para aplicacións como Blender. Está previsto que cheguen ao mercado ao longo do presente ano.

PUBLICIDADE