Isabel RodrÃguez entrega 50 carnés de Ciberexperto no CPR Divina Pastora de Lugo
xoves, 18 de abril do 2024
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel RodrÃguez, acudiu na mañá deste 18 de abril ao CPR Divina Pastora da cidade lucense para facer entrega dos carnés de Ciberexperto da PolicÃa Nacional a escolares do centro. A subdelegada remarcou a importancia que ten para estes 50 alumnos e alumnas de sexto de Primaria o facer un bo uso das redes e Internet para saber como actuar en casos de perigo.
Isabel RodrÃguez destacou os beneficios do Plan Director para a xuventude no ámbito educativo para cuestións como a sensibilización e formación sobre os riscos das novas tecnoloxÃas, o uso de ferramentas que facilitan a navegación, a xestión da intimidade nas redes e adquisición de habilidades para unha comunicación segura en redes sociais.
Esta actividade formativa (e acreditativa) forma parte do Plan Director da PolicÃa Nacional, que serve como ferramenta educativa para o ámbito escolar.
A previsión é que este ano se supere a cifra de carnés entregados de Ciberexperto do curso pasado, chegando a conceder máis de 340 acreditacións nos colexios de toda a provincia.