JVC integra conectividade Wi-Fi nas súas videocámaras
venres, 13 de xaneiro do 2012
Esta semana no CES de Las Vegas a compañÃa JVC amosou
as súas novas cámaras de vÃdeo da familia Everio, que destacan por integrar
conectividade Wi-Fi, o que permitirÃa o envÃo por correo electrónico de
imaxes e vÃdeos, a transferencia sen fÃos dos ficheiros a smartphones e outras funcionalidades. Estas cámaras tamén gravan
todas en alta definición (1.920 x 1.080) en formato AVCHD incluÃndo un modo UXP
cunha compresión de 24 Mbps para unha grande calidade de imaxe.
Estas novas cámaras contarán con aplicacións de balde para dispositivos con iOS
e Android, que permitirán tanto a transferencia de ficheiros coma o control remoto
remoto das cámaras (con monitorización en tempo real) e a posibilidade de
aproveitar os GPS dos móbiles para xeolocalizar os contidos rexistrados. As cámaras tamén poderán empregarse como sistemas de vixilancia domésticos, que avisen por e-mail cando detecten movemento (instándonos a conectanos a distancia ás mesmas para comprobar se aconteceu algo no fogar).
JVC comercializará varios modelos de videocámaras con estas prestacións,
adaptándose a distintas necesidades, entre as que destaca a JVC Everio GZ-GX1,
que conta cun sensor CMOS de 10 MpÃxeles, grava vÃdeo en Full HD a 60p, dispara
fotografÃas a 11 MpÃxeles, conta con saÃda de auriculares e entrada de
micrófono e incluso permite o uso de lentes de conversión e filtros.
Presentación das cámaras JVC Everio con Wi-Fi durante o CES de Las Vegas
- A JVC Everio GZ-GX1 tamén conta cunha pantalla táctil