Jawbone Prime, un mans libres de calidade e elegante deseño

xoves, 23 de abril do 2009 Marcus Fernández

Moitos usuarios elixen o seu teléfono móbil case exclusivamente polo seu deseño, xa que utilizan o dispositivo coma un elemento máis da súa imaxe, e esta práctica pode levarse tamén aos mans libres de orella, e non por iso sacrificar prestacións, coma demostra o novo Jawbone Prime, que funciona con tecnoloxía Bluetooth 2.1 + EDR (compatible con versións anteriores do estándar de comunicacións sen fíos), unha cobertura de 10 metros, unha autonomía de 4,5 horas en conversa e 8 días en espera, capaz de conectar con dous dispositivos á vez e á venda en distintas cores, e cunha aparencia bastante orixinal.
O seu prezo é un tanto elevado, pois véndese por 110 euros (incluíndo cargador, cable USB, 3 tapóns para o ouvido e 4 ganchos para a orella), aínda que podería xustificarse polo uso da tecnoloxía NoiseAssassin 2.0, que mellora a redución de ruído (prometendo ser 10 veces máis eficiente eliminando ruído de fondo que o seu competidor máis próximo).

PUBLICIDADE