Jedi Outcast e Jedi Academy liberan o seu código en homenaxe a LucasArts

xoves, 4 de abril do 2013 Marcus Fernández

O lamentable peche do estudio de creación de videoxogos LucasArts por parte de Disney levou a Raven, compañía que desenvolveu os xogos Jedi Knight II: Jedi Outcast e Jedi Academy, a publicar o código fonte dos seus desenvolvementos, o que agradecerán especialmente os que gusten de modificar xogos e os que queiran facelos perdurar no tempo (adaptándoos a plataformas futuras).
Dende Raven remitiron un comunicado a Kotaku Australia no que desexan o mellor para os traballadores de LucasArts, e aseguran que publican o código fonte dos seus xogos de Star Wars como agasallo aos moitos seareiros deste títulos (que hai pouco estrearon versións para OS X en Steam) e como homenaxe a LucasArts.
Os código publicado carecerá de soporte por parte de Raven, e xa está dispoñible baixo licenza GNU GPLv2, tanto para Jedi Outcast como para Jedi Academy.

PUBLICIDADE