Jim Ryan desvela que a PS2 vendeu 160 millóns de unidades
luns, 1 de abril do 2024
O presidente e director xeral de Sony Interactive Entertainment, Jim Ryan, anunciou o seu retiro tras preto de 30 anos na compañÃa, e como parte da súa despedida participou no PlayStation Podcast como convidado especial, aproveitando a ocasión para falar do futuro da compañÃa e para repasar tamén algúns detalles do pasado, entre os que destacou a concreción sobre o número de consolas PlayStation 2 vendidas.
AÃnda que oficialmente Sony só confirmara que a PlayStation 2 superou os 150 millóns de unidades vendidas, as estimacións fixaban en preto de 155 millóns o número de consolas PS2 comercializadas, pero Ryan quixo axustar máis a cantidade, e asegurou que o total de PS2 vendidas foi de 160 millóns, confirmando que non só estamos ante a consola máis vendida da historia, senón tamén deixando claro que Nintendo terá moi complicado superar a súa marca (a Nintendo DS chegou aos 154 millóns de unidades vendidas, e a Nintendo Switch vai camiño dos 140 millóns, pero semella imposible que sexa capaz de superar a marca da PS2, pois xa se atopa no seu fin de ciclo).
Os datos de vendas da PS2 non estaban moi claros, xa que unha vez lanzada a PS3 a compañÃa nipoa centrouse en dar información sobre a nova máquina, pese a que non deixara de vender a anterior. En calquera caso a PlayStation 2 experimentou un momento de éxito incomparable a calquera outra consola, pois falamos de vendas masivas nunha consola doméstica que practicamente monopolizou a súa xeración. Actualmente os videoxogos están moito máis espallados entre a poboación e entre distintas plataformas, e a mera existencia dos videoxogos para móbiles fai que incluso un grande éxito como a Nintendo Switch teña que ponderarse nunha escala diferente ao das consolas de hai máis de dúas décadas.