Jisus, un portátil de baixo custo fabricado nos Países Baixos

luns, 7 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os equipos portátiles de baixo custo comezan a chegar ao mercado europeo, e VDL Designs achegará o seu portátil Jisus o día 25 maio a un prezo de 299 euros.
O portátil ofrece un deseño elegante e unha ampla gama de cores dispoñibles, funciona cun procesador a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de memoria NAND Flash, Wi-Fi, 2 portos USB, Fast Ethernet e un monitor LCD de 8,9 polgadas (cunha resolución de 800 x 480 píxeles) con retroiluminación LED.
Este portátil fabricado nos Países Baixos incúe de serie a distribución de Linux Ubuntu, aínda que é compatible con outros sistemas, e promete unha autonomía de ata 4,5 horas.

PUBLICIDADE