John’s Phone, ¿un móbil parvo?

luns, 25 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Mentres os móbiles melloran incorporando funcionalidades avanzadas e unha conectividade moi completa, moitos usuarios prefiren limitar o seu uso ás chamadas de voz, obviando incluso as mensaxes de texto, e de cara a tal uso minimalista chega o John’s Phone, un terminal deseñado por John Doe Amsterdam, que incluso é difícil consideralo coma un móbil completo, pois limítase a presentar unha pantalla dunha única liña, un teclado básico (coa posibilidade de establecer números de marcado rápido) e unha batería recargable, que está xa á venda por 69,95 euros, o que parece un prezo bastante elevado polo terminal máis básico que podemos atopar no mercado.
Nin SMS, nin calculadora, nin alarma… o John’s Phone non ten ningunha destas funcións, e limita o seu uso a realizar chamadas telefónicas dun xeito doado, o que posiblemente convencería a certos usuarios tecnófobos, pero que poderían afastarse deste curioso terminal por mor do seu elevado prezo.

PUBLICIDADE