Josep Piqué compartirá a súa experiencia en transformación na nova Xornada Tecnolóxica de R

mércores, 27 de outubro do 2021 S. P.

JPEG - 33.9 KB
Josep Piqué nunha conferencia recente sobre a situación política actual en España /Foto: COPE

A operadora R segue adiante coa súa axenda de charlas e actividades de divulgación e reflexión arredor da dixitalización, a innovación e a transformación. A seguinte cita contará coa presenza de Josep Piqué, relator internacional especializado en dirección de empresa (foi conselleiro delegado en diversas compañías tecnolóxicas), que será o protagonista “dunha xornada exclusiva de gran interese para avanzarmos no camiño cara ao mundo dixital”, en palabras da operadora. Piqué estará acompañado de profesionais e responsábeis de empresas galegas sobranceiras, achegando claves estratéxicas e mostrando como as organizacións usan as tecnoloxías para lograr o éxito e afrontar os principais desafíos que deixou a COVID.
Baixo estas premisas, R celebra a súa Xornada Tecnolóxica anual dirixida a profesionais, a responsábeis de innovación e dixitalización das principais empresas de Galicia e a representantes institucionais. Celebrarase baixo o seguinte epígrafe: Novos tempos, grandes oportunidades. Será este 28 de outubro ás 9.30 horas, na Finca Montesqueiro (rúa dos Xardíns, 2, 15172-Oleiros, A Coruña).

Programa da xornada

9:15 h Recepción de asistentes
9:30 h Benvida e presentación
Alfredo Ramos, Director de R
9:45 h Conferencia: A adaptación da empresa ao mundo post-pandemia que nos vén
Josep Piqué
Empresario, economista e experto conferenciante internacional en dirección de empresa
10:30 h Mesa profesional: Éxito, retos e oportunidades da situación actual
Modera Xosé Luis Vilela, director de La Voz de Galicia
Eduardo Aldao, director de Innovación de Abanca
Norberto Penedo, director da Área de Competitividade do IGAPE
Beatriz Mato, directora de Desenvolvemento Corporativo e Sustentabilidade de Greenalia
Juan Redondo, chief digital transformation officer de Parfois
Isidro Fernández de la Calle, director de Empresas de R
Josep Piqué Camps
11:15 h Experiencias transformadoras: A tecnoloxía como panca para experiencias transformadoras
Transformación cara a unha organización Data Driven
Alberto Iglesias, responsábel de pricing de Vegalsa
Dixitalización en empresas do sector primario e da industria agroalimentaria
Javier Cabana, director de TI de CLUN
11:45 h Peche e conclusións
12:00 h Brunch e networking

PUBLICIDADE