Journey convértese no xogo de PSN que vendeu máis rápido

xoves, 29 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O pasado día 14 chegou á PlayStation Store o xogo descargable Journey, que ofrecía unha experiencia máis propia dunha película que dun videoxogo, proposta arriscada que gañou o favor da crítica e, polo que sabemos agora, tamén do público, pois dende Sony aseguran que esta creación de thatgamecompany vén de superar todas as marcas anteriores de vendas da PlayStation Network e da PlayStation Store, converténdose no xogo que máis rapidamente se vendeu de todos os lanzados para PlayStation Network.
O seu estudo de videoxogos parece experto en comercializar produtos difíciles de definir, no que venden experiencias en vez de xogos propiamente ditos, conseguindo que títulos como Flower e FlOw fosen auténticos exemplos de innovación no lecer electrónico aos que Journey únese consolidando a imaxe deste extraordinario equipo de traballo, que por desgraza perde a Kellee Santiago, co fundadora que deixa a compañía para emprender outros proxectos.

Journey achega unha experiencia difícil de encadrar como videoxogo

PUBLICIDADE