Just Dance 2020 convídanos a bailar un ano máis

mércores, 6 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Hai xogos que, aínda que non tendemos a pensar neles ao falar dos blockbusters do ano, o certo é que ano tras ano repiten nos primeiros postos das listas de vendas por estar dirixidos a un público moi amplo, e tal é o caso de Just Dance 2020, xogo de baile que vén de chegar a Xbox One, PlayStation 4, Nintendo Switch e incluso a vella Wii, estando confirmada tamén a súa presenza en Stadia a partires do 19 de novembro.
O xogo chega acompañado por 40 novas cancións, que poden completarse con outras 500 do catálogo de Just Dance Unlimited, servizo que conta cun mes de proba de balde, buscando así que poidamos gozar de música durante todo o ano. Entre as cancións incluídas no xogo deste ano podemos destacar o Taki Taki de DJ Snake, o Kill This Love de Blackpink, High Hopes de Panic! At The Disco, Con Calma de Daddy Yankee, Con Altura de Rosalía e incluso o éxito viral Baby Shark de Pinkfong.
Just Dande 2020 está dispoñible para Xbox One e PlayStation 4 a un prezo de 49,99 euros, mentres que a versión para Nintendo Switch véndese a 59,99 euros.

PUBLICIDADE