Just Dance chega a dispositivos móbiles

venres, 26 de setembro do 2014 Marcus Fernández

O xogo de baile estrela en consolas de videoxogos chega hoxe a dispositivos móbiles, de xeito que xa podemos descargar de balde Just Dance Now para iOS e para Android, que consiste en abrir a aplicación no noso dispositivo móbil e logo visitar a páxina web do xogo dende o noso ordenador (ou dende outra pantalla conectada como un tablet), para así poder entrar nunha habitación de baile na que poder competir contra outros xogadores.
O xogo inclúe acceso cancións como Appleuse de Lady Gaga, Blurred Lines de Robin Thicke ou Y.M.C.A. dos Village People, para que poidamos probar a experiencia de xogo, xa que o seu modelo de negocio consiste na compra de pases para poder acceder ao catálogo musical completo (que inicia con máis de 50 cancións como Ghostbusters de Ray Parker Jr., Gangnam Style de PSY e Superstition de Stevie Wonder, e promete que chegará a centos de cancións de éxito entre actuais e clásicas). O pase semanal ten un prezo de 3,99 euros.


Trailer de presentación de Just Dance Now

PUBLICIDADE