Kairos acepta pedidos para os primeiros reloxos hÃbridos smart/mecánicos
luns, 19 de maio do 2014
Os smartwatches
son uns produtos emerxentes dos que aÃnda non está nada claro o tipo de
dispositivos que trunfará, pois as distintas propostas son moi diversas, indo
dende simples receptores de notificacións ata teléfonos completos que poden
levarse no pulso, destacando bastante a proposta de Kairos Watches, compañÃa que vén de abrir
o seu proceso de reservas ata o 1 de xullo para poder facerse cos seus novos
reloxos de pulso con descontos de entre un 50 e un 60%, con prezos que parten
dos 499 dólares para o modelo de metal ata os 1.199 dólares para o modelo de
ouro (400,50 e 911,15 euros con portes respectivamente), que comezarán a chegar
a mans dos seus compradores no mes de decembro.
Estes reloxos de pulso comunicarÃanse cun smartphone con iOS ou Android a
través de Bluetooth 4.0, e aÃnda que teñen a forma dun reloxo ordinario (cun
acabado de calidade) sobre a súa esfera integra unha pantalla TOLED cunha
transparencia do 40%/60% e funcionarÃa cun procesador Arm Cortex M4 e sistema
operativo Kairos OS (no futuro tamén poderÃa ter opción de Android Wear OS) e
baterÃa de 180 mAh que pode cargarse dun conector magnético USB e que achegarÃa
unha autonomÃa de entre 5 e 7 dÃas. Os reloxos serÃan resistentes á auga e o seu
cristal de zafiro tamén protexerÃa de agresións fÃsicas a súa pantalla/esfera.
Este hÃbrido entre smartwatch e
reloxo mecánico poderÃa recibir notificacións de mensaxes de texto, correos
electrónicos, chamadas recibidas..., comunicarse con aplicacións como Facebook,
Twitter ou WhatsApp, empregarse como mando a distancia para o control
multimedia, aproveitarse como cuantificador da nosa actividade fÃsica e ten
soporte para varios idiomas (entre os que figura o español).
VÃdeo de presentación dos novos reloxos de Kairos Watches