Killer Instinct para Xbox One desbloqueará a versión para PC do xogo
luns, 4 de xaneiro do 2016
Os usuarios Gold de Xbox LIVE poden facerse este mes sen
custo adicional coa Edición
Completa Ultra de Killer Instinct para Xbox One, o que non só suporÃa o
aforro de 39,99 euros na versión de consola do xogo, senón que están a dar
conta de que estamos
ante un tÃtulo cross-buy con Windows
10, ou sexa, que os usuarios que este mes canxeen o xogo para Xbox One espérase
que no mes de marzo poidan descargar tamén a versión para PC, que sairá
simultaneamente coa terceira tempada de Killer
Instinct.
O xogo de loita non só permitirá que quen o compre nunha plataforma poida
xogalo en ambas, senón que tamén contará con xogo cruzado, ou sexa, que non
haberá diferenza entre xogar a Killer
Instinct en Xbox One ou en PC con Windows 10, o que favorecerá ao seu xogo
en liña, que contará cunha maior base de xogadores en competición.
- Este mes os xogadores de Xbox One con Gold reciben sen custo adicional os loitadores das súas primeiras tempadas de Killer Instinct