Killzone 3 contará con demo do seu modo campaña
mércores, 26 de xaneiro do 2011
Sony anunciou que
o xogo Killzone 3, que chegará ás
tendas o 23 de febreiro, estreará
unha versión de demostración o vindeiro dÃa 9 para usuarios de PlayStation Plus
e o dÃa 16 para o resto de usuarios da PlayStation 3, nun adianto do modo
campaña do xogo co nivel coñecido coma Icy
Incursion e que poderá descargarse en 2 versións separadas: unha en 2D e
outra en 3D. A versión en 2D permitirá a posibilidade de xogar en modo
cooperativo a pantalla partida.
Esta demo de Killzone 3 aceptará o
uso do mando de PlayStation Move para dotar ao xogo dun control máis inmersivo,
de xeito que boa parte das caracterÃsticas do xogo completo poderán probarse
antes do seu lanzamento, o que resultará de grande utilidade para decidir a súa
compra, coma o vÃdeo
que veñen de publicar dende Sony no que amosan o modo multi-xogador deste
tÃtulo: