Kojinsha venderá un ordenador ultraportátil por pouco máis de 360 euros

xoves, 21 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O Asus Eee PC está a crear toda unha febre por introducir no mercado ordenadores ultraportátiles de baixo custo, sendo o último en chegar á familia o Kojinsha E8, que será un equipo de fabricación surcoreana cun procesador AMD Geode LX800, 40 Gb de disco duro, 512 Mbytes de memoria, pantalla táctil de 7 polgadas cunha resolución de 1.240 x 600 píxeles, altofalantes, lector de tarxetas de memoria, portos USB e unha autonomía de 3,5 horas.
O E8 destaca por incluír o sistema operativo Windows XP en vez de apostar por Linux coma outros equipos semellantes, e se venderá a partires do vindeiro día 29 a un prezo que estará entre os 500.000 e 600.000 wons surcoreanos (entre 360,19 e 432,23 euros).

PUBLICIDADE