Kroll chega á tenda de aplicacións do iPhone
martes, 30 de setembro do 2008
Durante a presentación do iPhone 3G
amosouse un xogo como exemplo da potencia gráfica do iPhone, e resultou ser
obra dun estudo de videoxogos catalán chamado Digital Legends,
que tivo a honra de que dende Apple os elixiran para presentar ao mundo que o
iPhone pode amosar gráficos tridimensionais.
Kroll presentábase asà coma un dos xogos máis prometedores para o
iPhone, que poderÃa chegar a compararse a moitos tÃtulos para a
PSP de Sony, pero que terÃa que superar o reto de non contar con botóns na súa interface,
de xeito que tiveron que facer un intelixente uso dos acelerómetros do iPhone e
da súa pantalla táctil para permitir unha experiencia de xogo satisfactoria na
que se somerxe ao xogador en fantásticos mundos 3D con heroicas batallas no
colo dunha montaña, dentro dunha minas de magma e no alto dun volcan activo,
onde se atopa unha prisión flotante. AsÃ, para coñecer os segredos agochados
trala lenda de Kroll será preciso
conquistar e derrotar a inimigos e criaturas mÃticas en 3 niveis de dificultade
segundo a experiencia do xogador.
Kroll xa se pode adquirir na App Store a 5,99 euros,
e poderÃa ser un dos tÃtulos de máis éxito, seguindo a estela de Super Monkey Ball ou Crash Bandicoot Nitro Kart 3D.
Video-revisión do xogo publicada en YouTube