L.A. Noire chega ás tendas españolas
venres, 20 de maio do 2011
Un dos
xogos de Rockstar Games xa é unha realidade, e hoxe chega ás tendas española en
versións para PlayStation 3 e Xbox 360 L.A. Noire, un thriller
que conta a historia de Cole Phelps, un veterano da Segunda Guerra Mundial que
se incorpora como detective na policía de Los Ángeles en plena Idade de Ouro de
Hollywood, polo que a ambientación xoga un papel moi importante nesta aventura
na que haberá que resolver unha serie de casos nos que o protagonista cruzarase
con aspirantes a estrelas fracasados, axentes corruptos e toda unha serie de
personaxes que poderiamos considerar tópicos en novelas e películas de xénero
negro.
- L.A. Noire é un xogo de mundo aberto moi na liña do que nos ten afeitos Rockstar Games
Aínda que moitos usuarios botaranse directamente sobre este título polo mero
feito de ser obra dos responsables de sagas como a de Grand Theft Auto e xogos de éxito como o recente Red Dead Redemption considérase como
unha garantía deste título que chega a un prezo recomendado de 65,99 euros e
cun PEGI de +18.
Pese a que a estética coidada e unha historia robusta parezan ser suficientes
para valerlle boas críticas a este xogos, a meirande parte dos que o probaron
coinciden en destacar que é a expresión facial dos personaxes (chave para saber
se son de fiar durante os interrogatorios) chega a un nivel sen precedentes
grazas a un revolucionario sistema de captura de movementos que suporá un antes
e un despois no sector dos videoxogos.
- Os interrogatorios terán moita importancia no xogo, e amosan a excelencia da tecnoloxía de captura de movemento aplicada durante o desenvolvemento de L.A. Noire
- O protagonista do xogo é un policía que pasa por distintos departamentos durante a súa longa aventura