LEGO El Señor de los Anillos estrea demo para Xbox 360

martes, 27 de novembro do 2012 Marcus Fernández

A semana pasada chegou ás tendas de videoxogos LEGO El Señor de los Anillos, xogo que busca trasladar dun xeito divertido e familiar as épicas aventuras da Terra Media narradas por J. R. R. Tolkien, e que para darse a coñecer un chisco máis estrea hoxe versión de demostración para Xbox 360, de xeito que os usuarios da consola doméstica de Microsoft poden probar este título de balde. Dende hoxe a demo está dispoñible para usuario Gold, e para a semana que vén abrirase a todos os usuarios da 360.
En LEGO El Señor de los Anillos búscase facer unha boa adaptación máis das películas de Peter Jackson que da obra de Tolkien, e o acabado conséguese con mestría, conseguindo inxectarlle o estilo e humor dos xogos de LEGO, polo que parece que será un éxito rotundo, con tantas horas de diversión para toda a familia como foi habitual en entregas anteriores da marca como LEGO Batman 2: DC Super Heroes.

As películas de Peter Jackson vense ben reflictidas en LEGO El Señor de los Anillos

PUBLICIDADE