LEGO Harry Potter: Años 1-4 supera os 2,7 millóns de copias

xoves, 5 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Aínda que estamos afeitos a dar grandes cifras de vendas cando falamos de videoxogos cun orzamento máis propio dunha produción de Hollywood, títulos máis modestos conseguen bos resultados grazas a dirixirse a un público determinado, coma vén de demostrar a Warner con LEGO Harry Potter: Años 1-4, que en pouco máis dun mes conseguiu vender máis de 2,7 millóns de copias en todo o mundo, polo que vai en bo camiño para igualar o éxito de LEGO Batman, que superou os 7 millóns de unidades vendidas en preto de 2 anos.
Entendemos así que a serie de xogos de LEGO desenvolvida por TT Games ten o suficiente pulo como para poder baterse con grandes títulos considerados AAA, pese a non contar nin cos seus orzamentos nin campañas publicitarias.

PUBLICIDADE