LEGO Piratas del Caribe chegará antes para as consolas de Nintendo

xoves, 28 de abril do 2011 Marcus Fernández

A xente de TT Games está a preparar o xogo LEGO Piratas del Caribe: El videojuego, que chegará ás tendas españolas no mes de maio e que recupera a popular franquía cinematográfica protagonizada polo pirata Jack Sparrow co humor e a estética propia dos xogos inspirados por figuras de LEGO. Neste xogo aparecerán escenarios das 4 películas da saga, e tamén moitos dos seus personaxes (dos que máis 70 serán xogables), aínda que unha das cousas máis rechamantes deste título será que as súas versións para consolas de Nintendo (DS, 3DS e Wii) chegarán o 11 de maio, 9 días antes que as versións de PC, PlayStation 3 e PSP, cando habitualmente as plataformas grandes tiñan prioridade na distribución.
Cómpre destacar que a versión para Nintendo 3DS será a que achegue un aspecto máis real do xogo, dando a impresión de que estamos a xogar con pezas de LEGO de verdade.
Para facernos unha idea do que será este novo xogo, nada mellor que botar unha ollada ao seu divertido trailer:

O xogo será tan divertido como outros títulos de LEGO desenvolvidos por TT Games

PUBLICIDADE