LEGO Universe dirá adeus en xaneiro

luns, 7 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Pese a que os videoxogos baseados en figuras de LEGO que toman a personaxes como Batman ou Indiana Jones como inspiración son todo un éxito, parece que estes simpáticos bonecos non son quen de ter éxito por si mesmos, e o xogo masivo multi-usuario LEGO Universe, lanzado o outono pasado, nin sequera foi capaz de superar unha masa crítica baixo o modelo free-to-play, de xeito que os seus responsables anuncian que o 31 de xaneiro de 2012 pecharán as súas portas.
LEGO Universe non conseguiu xuntar un número de subscritores que permita a supervivencia do servizo, pese ao incremento de accesos dende que mudaron o seu modelo de negocio ao Freemium, e pese a ter uns 2 millóns de usuarios activos, iso non permitiu que os ingresos da compañía a través deste servizo fosen suficientes para manter o xogo en funcionamento, o que tamén suporá o peche de Play Well Studios (encargados do desenvolvemento do xogo) e o cese do equipo de marketing do xogo, polo que afectará a uns 115 postos de traballo.

Finalmente LEGO Universe dirá adeus en xaneiro de 2012

PUBLICIDADE