LG Class, un novo smartphone de gama media con acabado premium
luns, 21 de setembro do 2015
O fabricante surcoreano LG continúa a ampliar a súa gama de
terminais móbiles para atender á diversidade da demanda actual, e comezando
polo seu territorio nacional vai pór á venda estes dÃas a un prezo de 399.300
wons (303 euros) o LG
Class, un smartphone de coidado deseño e prestacións de gama media que
poderÃa resultar moi atractivo para os usuarios que non sexan especialmente
esixentes nas especificacións técnicas dos dispositivos electrónicos pero si
busque un acabado metálico (en cor dourado, prata ou azul escuro) que dea a
sensación de calidade e un deseño delgado (7,4 milÃmetros).
Este smartphone 4G funciona cun modesto procesador Qualcomm Snapdragon 410 de
catro núcleos a 1,2 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (acompañado
por 2 TB de almacenamento na nube), cámaras de 13 e 8 MpÃxeles, Wi-Fi N,
Bluetooth 4.1, NFC e baterÃa de 2.050 mAh. A súa pantalla é relativamente
contida en tamaño (5 polgadas) e resolución (720p), o que permite que o seu
peso tamén quede nuns moderados 147 gramos.
Queda agora por ver se veremos pronto este terminal móbil en España (aÃnda que é de prever que chegue nunha versión lixeiramente diferente, con soporte da banda 4G dos 800 MHz, ausente do modelo coreano).
- O LG Class chega a Corea con carcasas de tres cores diferentes