LG L-03C: o móbil que dá prioridade á súa cámara

luns, 8 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Os teléfonos móbiles contan cada vez con mellores cámaras fotográficas, pero LG decidiu dar a volta ás tornas, e presenta o que parece responder ao concepto contrario, xa que o LG L-03C sería unha cámara dixital cun teléfono integrado.
Estariamos ante unha cámara de 12,1 Mpíxeles con enfoque automático, flash de xenon e zoom óptico de 3x, capaz de gravar vídeo en alta definición (720p), que integra GPS, lector de tarxetas de memoria microSD, Wi-Fi, Bluetooth e 3G/GSM, así como unha pantalla táctil de 3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles. Ten unhas medidas de 112 x 60 x 17,3-22 milímetros e pesa 165 gramos.
Este curioso dispositivo será comercializado a finais de xaneiro no Xapón pola operadora NTT DoCoMo, descoñecéndose se verá a luz no resto do mundo.

O LG L-03C funciona coma un móbil con sistema operativo propio do seu fabricante

PUBLICIDADE