LG Philips presenta unha pantalla de papel electrónico de 14,3 polgadas

xoves, 3 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

LG Philips parece querer ser un dos grandes protagonistas dos CES 2008, e non só presentará grandes pantallas LCD con tecnoloxía multi-táctil, senón que tamén sorprenderán cunha pantalla de papel electrónico de 14,3 polgadas (o tamaño dun folio DIN A4) cunha resolución de 1.280 x 600 píxeles con máis de 16,7 millóns de cores e gran eficiencia enerxética (só consume cando se cambia a imaxe) que ten un grosor de 300 micras e un ángulo de visión de 180º.
Esta pantallas de papel electrónico permitirían o seu uso para aplicacións multimedia e son flexibles (conservando a súa nitidez de imaxe) polo que indicarían que estamos cada día máis preto de acadar unha alternativa ó papel e a outras tecnoloxías de presentación de imaxes.

PUBLICIDADE