LG Pop: un móbil con pantalla táctil sinxelo e compacto

mércores, 30 de setembro do 2009 Marcus Fernández

LG presentou o que será o seu móbil GD510, tamén coñecido coma Pop, que prometer ser o terminal máis compacto feito nunca cunha pantalla táctil de 3 polgadas (con resolución WQVGA) que á vez combina as prestacións básicas de comunicación, multimedia e lecer. Integra 8 Gb de memoria interna e unha cámara de 3 Mpíxeles (con gravación de vídeo) en só 4,8 milímetros de espesor.
O LG Pop chegará ao mercado europeo a mediados de outubro a un prezo por determinar, podendo mercarse cunha carcasa que integra un panel solar para recargar a batería do móbil.


Vídeo de presentación do novo terminal de LG

PUBLICIDADE