LG comercializa un portátil cunha pantalla externa compatible con SideShow

martes, 16 de outubro do 2007 Marcus Fernández

O novo portátil LG XNOTE R200 incorpora no seu exterior unha pequena pantalla compatible co SideShow de Windows Vista, de xeito que permite visualizar pequenas aplicacións (mini-gadgets) nesta pantalla adicional dende a que consultar o correo electrónico, fotografías, música, mini-xogos ou moitas outras funcións que permitirían, por exemplo, o uso do portátil coma reprodutor de MP3 (uso para o que podería ter unha autonomía de ata 100 horas).
Este revolucionario equipo de LG está xa á venda en Corea do Sur por 2.240.000 wons (1.724 euros) e inclúe unha pantalla de 12,1 polgadas, procesador Intel Core 2 Duo a 2,2 GHz, 2 Gb de RAM, unha tarxeta de vídeo ATI HD 2400 con 128 Mb de memoria, disco duro de 160 Gb e conectividade Wi-Fi (compatible con IEEE 802.11n).

PUBLICIDADE