LG comezou a produción dunha nova pantalla plástica para eReaders
xoves, 29 de marzo do 2012
O fabricante de paneis de cristal lÃquido LG
Display anunciou hoxe o comezo da produción masiva da primeira pantalla plástica
EPD para o seu uso en lectores de libros electrónicos. Esta pantalla cun
tamaño de 6 polgadas e unha resolución de 1.024 x 768 pÃxeles pretende revolucionar
o seu sector grazas ás melloras que permitirá en funcionalidade e deseño.
Esta nova pantalla de LG Display achega unha experiencia de lectura como a do
papel, conta cunha superficie plástica de protección e pode dobrarse ata 40
graos dende o seu centro, cun grosor de só 0,7 milÃmetros e un peso de 14
gramos.
AÃnda que o feito de poder curvar a pantalla pode resultar de utilidade para
certas aplicacións, o mellor desta nova pantalla é a súa resistencia, que nas
probas realizadas polo seu fabricante soporta caÃdas a 1,5 metros de altura, de
xeito que poderÃa sobrevivir a accidentes propios da caÃda dun eReader
(aseguran que a décima parte dos usuarios deste tipo de dispositivos tiveron
problemas a este respecto).
Os primeiros produtos en integrar esta nova pantalla plástica EPD chegarán ao
mercado europeo a primeiros do mes que vén.