LG lanza ó mercado español un reprodutor multimedia portátil con TDT

xoves, 7 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O reprodutor multimedia LG T80 chega ó mercado español destacando por integrar un sintonizador de Televisión Dixital Terrestre, de xeito que nos achega a televisión de balde (fronte a outros ofertas de televisión móbil).
O dispositivo mide 98,5 x 55,5 x 13,1 milímetros, e inclúe unha pantalla táctil panorámica de 3 polgadas cunha resolución de 400 x 240 píxeles e se pode empregar para ver fotografías, escoitar música (en formatos MP3, WMA, WAV ou OGG), reproducir vídeo (en formatos AVI, ASF, MPEG e WMV), sintonizar radio FM e recibir TDT.
Conta cunha autonomía de 40 horas de reprodución musical, 5 horas para vídeo e 2 horas no modo televisión e o seu prezo de venda en España é de 359 euros.

PUBLICIDADE