LG leva os seus televisores OLED ata as 55 polgadas
luns, 26 de decembro do 2011
Coa proximidade do CES de Las Vegas ven a luz distintos
dispositivos de electrónica de consumo que buscan captar a atención do público
e da industria, e que adiantándose ás datas oficiais, conseguen crear certa
expectación, como está a facer LG ao anunciar que vén
de desenvolver o televisor OLED máis grande do mundo, cunha diagonal de 55 polgadas,
un contraste de 100.000:1, unha elevada velocidade de reacción e unha ampla
gama de cores.
LG entende que a tecnoloxÃa OLED vai marcar o futuro dos televisores, e aÃnda
que ata o momento vÃase limitada a pantallas de pequeno tamaño, agora
demostraron poder rachar coas barreiras establecidas. Amais, estas novas
pantallas teñen
un grosor de só 5 milÃmetros e son máis lixeiras que as LCD tradicionais.
Tamén teñen un marco moi reducido, o que contribúe a mellorar o seu atractivo
estético.
- A tecnoloxÃa OLED pemite reducir o grosor do panel ata os 5 milÃmetros