LG levará ao CES o portátil de 15,6 polgadas máis lixeiro do mundo
mércores, 16 de decembro do 2015
Anticipándose á feira CES de Las Vegas, LG comeza a debullar
o que vai levar ao encontro, e un dos produtos máis destacado é o seu novo
portátil LG Gram modelo 15Z960, que ao pesar só 980 gramos converterÃase no
ordenador portátil con pantalla Full HD de 15,6 polgadas máis lixeiro do mundo,
buscando asà gañar o favor de profesionais e estudantes con axendas ocupadas,
que precisen levar o ordenador consigo.
O novo portátil de LG contará con procesador Intel Core de sexta xeración e
Windows 10, converténdose nunha solución de grande potencia e portabilidade.
Actualmente LG xa conta con versións do LG Gram con pantallas de 13 e 14
polgadas que tamén pesan 980 gramos, polo que enténdese que a compañÃa
surcoreana considera que este tipo de equipo resulta moi atractivo para o
usuario, e gozar de pantallas cada vez maiores sen erosionar esaxeradamente a súa
transportabilidade é un grande punto ao seu favor.
LG asegura que o
LG Gram 15 ten unha autonomÃa de 7 horas, aÃnda que haberá que agardar a
xaneiro para comprobar se o equipo realmente cumpre co prometido (xa que os
seus predecesores estaban bastante lonxe da autonomÃa prometida).