LG prepara novos televisores con tecnoloxía de Google

luns, 24 de decembro do 2012 Marcus Fernández

O fabricante surcoreano LG tamén está a anticiparse ao CES de Las Vegas, e vén de desvelar que prepara novos televisores Google TV, de xeito que aos seus modelos de 47 e 55 polgadas van unirse en 2013 os de 42, 50 e 60 polgadas, que resultan especialmente elegantes polo reducido grosor dos seus marcos e que entre as tecnoloxías integradas contan co recoñecemento de voz propio de Google TV 3.0 (facilitando o acceso a contidos multimedia mediante ordes orais, apoiado polo novo Magic Remote do que demos conta a semana pasada) e OnLive (plataforma de videoxogos na nube que deste xeito non precisa dun accesorio conectado ao televisor para poder funcionar).
Estes novos lanzamentos dan a entender que a integración da tecnoloxía de Google no televisor está a deixar de ser un experimento para LG e convértese nun estratexia para potenciar os seus televisores de alta gama.

PUBLICIDADE