LG presenta o seu novo monitor 4K con HDR
mércores, 14 de decembro do 2016
Un ano máis LG comeza a debullar en decembro os produtos que
levará á vindeira edición do CES de Las Vegas, e un dos produtos que destacou
esta semana é o seu novo
monitor LG 32UD99, que incorpora un panel de 32 polgadas de ultra alta
definición (3.840 x 2.160 pÃxeles) que non só ofrece unhas imaxes especialmente
nÃtidas e un panel IPS cunha magnÃfica representación das cores, senón que
tamén é compatible con contidos HDR, soportando o estándar HDR10, o que fai que
sexa compatible coa meirande parte de reprodutores de contido neste formato,
incluÃndo a Xbox One S e a PlayStation 4 Pro.
AÃnda que para gozar de 4K con HDR recoméndase contar con televisores de grande
formato, cando estamos en escritorios informáticos iso non resulta óptimo, e as
novas pantallas de LG poderÃan ser de grande utilidade para os usuarios que queren
gozar da calidade dos novos contidos audiovisuais no seu ordenador, o que tamén
terá certa repercusión nos vÃdeoxogos (aÃnda que polo momento son poucos os
xogos para PC que tiran proveito do HDR, precisamente pola reducida presenza de
monitores HDR).
O monitor LG 32UD99 tamén destaca por poder alimentarse directamente a través
de USB-C, ou sexa, que pode axudar a minimizar o número de cables presentes no escritorio
informático, xa que unha única conexión servirÃa para transmitir imaxes,
achegar alimentación e realizar transferencias de datos.
LG tamén levará a Las Vegas o monitor ultrapanorámico 34UM79M, que será o
primeiro monitor multimedia do mercado en integrar a tecnoloxÃa do Chromecast,
o que permitirá proxectar contidos audiovisuais directamente no monitor. Para
os gamers, en cambio, a proposta de
LG será o monitor 34UC99, que aposta pola tecnoloxÃa AMD FreeSync, redución de
desenfoque de momento de 1 milisegundo, estabilización de negros e
sincronización de acción dinámica para conseguir optimizar ao máximo a
experiencia de xogo con ordenadores persoais.