LG presenta o seu primeiro portátil gaming
luns, 20 de decembro do 2021
A liña UltraGear de LG xa non se limita a monitores
orientados a videoxogos, senón que agora o fabricante surcoreano tamén venderá
portátiles baixo esa marca, comezando polo modelo 17G90Q que poderá verse
en breve no CES de Las Vegas.
O portátil gaming LG UltraGear contará cun procesador Intel de 11ª
xeración, gráfica nVIDIA GeForce RTX 3080 Max-Q, pantalla IPS de 17,3 polgadas
cunha resposta de 1 milisegundo e refresco de 300 Hz, e un sistema de refrixeración baseado en
cámara de vapor para poder manter o equipo a unha temperatura moderada cando se
lle esixa o seu mellor desempeño.
Este equipo adopta un deseño fino (21,4 milÃmetros), cunha grande pantalla e
cunha baterÃa de 93 Wh, que non chega aos 2,7 quilos de peso. O seu acabado
busca transmitir a impresión de que estamos ante un produto de premium, e
incluso coida detalles como que o seu teclado ten retroiluminación RGB en cada
tecla, os seus altofalantes soportan DTS:X Ultra, e o seu botón de acendido
integra lector de impresións dixitais. Tamén inclúe webcam Full HD con dobre
micrófono, lector de tarxetas microSD, conector Ethernet, saÃda HDMI e varios portos
USB de distinto formato.
Polo momento non adiantaron a data e o prezo de lanzamento deste impresionante
ordenador portátil.
- Mantendo un perfil fino, o novo portátil de LG incorpora as caracterÃsticas propias dun portátil gaming