LG presenta os smartphones K7 e K10

martes, 5 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Esta semana LG está a estrear en Las Vegas a familia K de smartphones, que en vez de apuntar á gama alta, limítase a presentar un acabado premium cunhas prestacións moderadas. Estamos así ante terminais cun aparencia estilizada e moderna, cun agarre cómodo, e con boas cámaras apoiadas por software de LG que permiten, por exemplo, disparar selfies mediante xestos.
O principal expoñente desta nova familia de móbiles sería o LG K10, un smartphone con pantalla de alta definición de 5,3 polgadas, versións con 4G ou 3G (e distintos procesadores de 8/4 núcleos), cámara traseira de 13 Mpíxeles (no modelo 4G) ou 8 Mpíxeles (no modelo 3G) e cámara frontal de 8/5 Mpíxeles, 2/1,5/1 GB de RAM, 8/16 GB de almacenamento interno, batería de 2.300 mAh, un grosor de 8,8 milímetros, Android 5.1 e carcasa en diferentes cores (branco, índigo e ouro).
O LG K7 é aínda máis modesto, cunha pantalla FWVGA de 5 polgadas, procesador de 4 núcleos, 1,5/1 GB de RAM, 8/16 GB de almacenamento interno, batería de 2.125 mAh e carcasas en distintas cores (titán, branco, negro e ouro).

Os novos LG da serie K inclúen funcións para facer máis doado disparar selfies

PUBLICIDADE