LG presenta televisores OLED de até 97 polgadas

martes, 4 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

Co gallo do CES de Las Vegas estase a presentar a nova familia de televisores OLED de LG, que incorporan unha nova versión de webOS para ofrecer mellores aplicacións e un maior nivel de personalización, permitindo incluso a creación de perfís de usuario, para que o televisor poida coñecer o noso historial de reprodución e os nosos contidos favoritos para realizar recomendacións e incluso disparar alertas en tempo real para avisarnos dalgún evento en directo.
Outra función bastante sorprendente é que con Room To Room Share os contidos que cheguen de cable ou satélite a un televisor poderán compartirse a través de Wi-Fi con outro televisor non que non será preciso contar dun descodificador.
De cara aos videoxogos, incorporan soporte para nVIDIA G-sync, así como a posibilidade de correr xogos na nube dos servizos nVIDIA GeForce Now e Google Stadia.
Entre os televisores presentados por LG temos tanto a serie C2, que destaca por ofrece un televisor OLED de só 42 polgadas buscando ser axeitado para o seu uso para videoxogos (ao que acompañan televisores de 48, 55, 65,77 e 83 polgadas), e na serie G2 aos modelos de 55, 65 e 77 polgadas únense un modelo de 83 polgadas e o primeiro televisor OLED de 97 polgadas do mundo, co que LG demostra a súa fortaleza nesta gama de produtos.

PUBLICIDADE