LG presenta un elegante proxector compacto
venres, 29 de decembro do 2023
O LG
CineBeam Qube é un novo proxector de vÃdeo compacto con resolución 4K que
achega experiencias cinematográficas a espazos interiores que destaca por un
deseño elegante que busca que case coa decoración do fogar e que sorprende por
incluÃr cunha manivela nun lateral.
Este novo proxector láser é capaz de crear unha imaxe de até 120 polgadas cunha
resolución de 3.840 x 2.160 pÃxeles e unha relación de contraste de 450.000:1. Tamén
integra tecnoloxÃa de axuste automático, de xeito que as imaxes vense nÃtidas
en cada uso sen ter que facer realizar axustes de enfoque manualmente.
O LG CineBeam Qube funciona con webOS 6.0, de xeito que pode acceder de xeito
nativo á meirande parte das plataformas de streaming, e cando non está reproducindo
vÃdeo pode amosar imaxes que axudan a ambientar o noso espazo.
Este dispositivo só mide 135 x 135 x 80 milÃmetros, pesa 1,49 quilogramos e
está destinado a espazos interiores pouco iluminados, xa que o seu brillo
limÃtanse a 500 lumenes.