LG presenta un lector de pegadas que funciona tras a pantalla do móbil
luns, 2 de maio do 2016
Os sensores de pegadas dixitais están a converterse nun
estándar na telefonÃa móbil, coa vista posta en boa medida nos pagamentos seguros
dende o smartphone, e aÃnda que hai fabricantes que optan por colocar o sensor
na parte traseira dos terminais para facilitar o seu uso e evitar que incrementen
esaxeradamente as dimensións dos dispositivos, existe agora unha nova solución
para as compañÃa que queiran colocar o sensor no frontal do móbil, que chega da
man de LG Innotek, compañÃa que desenvolveu
un módulo sensor de pegadas dixitais que é capaz de funcionar tras a pantalla
do teléfono (polo que non incrementarÃa o alto do dispositivo).
Dende LG Innotek destacan que o seu módulo dá liberdade ao deseño dos
smartphones, á vez que tamén pode aproveitar as proteccións contra a auga e as
rabuñaduras que teñen moitas pantallas de móbiles. O sensor en cuestión ten só
un grosor de 0.3 milÃmetros, polo que pode colocarse sen que se note tras a
pantalla do teléfono, facendo posible o deseño sen botóns fÃsicos desexado por moitos.
LG Innotek tamén desenvolveu un adhesivo para pegar o sensor ao cristal da
pantalla e lembra que a consultora IHS estima que até 2015 o número de sensores
dixitais vendidos chegou aos 499 millóns, confiándose en que o número chegue a
1.600 millóns de unidades en 2020, de aà que o desenvolvemento desta tecnoloxÃa
pareza unha aposta segura.