LG presenta un monitor 4K optimizado para xogos

martes, 9 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Actualmente no mercado hai xa numerosos monitores de alta densidade de píxeles, ideais para labores de deseño, mentres que para os videoxogos non daban o talle pola súa reducida taxa de refresco en alta resolución, o que vén a arranxar o novo monitor LG 4K ULTRA HD 27MU67, que ten un panel IPS de 27 polgadas cunha resolución de 3.840 x 2.160 píxeles e inclúe soporte da tecnoloxía FreeSync de AMD, o que permítelle traballar entre 40 e 60 Hz sen erros de sincronización coa tarxeta gráfica (creando os molestos efectos de tearing ou stuttering) creando unhas animacións fluídas e sen perdas de fotogramas.
O LG 27MU67 conta con modo Dynamic Action Sync (DAS) que reduce o retardo da entrada a só 9,7 milisegundos, o que o converte nun dos monitores 4K máis rápidos do mercado. Tamén é posible optimizar a configuración do monitor para cada xogo, conta con estabilizador de negros (para iluminar as escenas escuras conseguindo unha boa definición onde obxectos e inimigos poden estar agochados) e función para evitar pestanexos, reducindo o risco de fatiga visual durante longas horas de xogo ou traballo.
Outras especificacións interesantes do monitor son que conta con HDMI 2.0, HDCP 2.2, Display Port 1.2, saída de auricualres, 4 pantallas partidas para multi-tarefa, función Picture-by-Picture), soporte axustable e tamén pode montarse na parede (cun soporte VESA de 100 x 100 milímetros).
A semana que vén sairá á venda nos EE.UU., Alemaña e Australia, para chegar nas seguintes semanas ao resto de mercados.

O novo monitor de LG está deseñado principalmente para unha boa experiencia de xogo

PUBLICIDADE