LG presenta un novo televisor 3D con lentes pasivas

venres, 9 de setembro do 2011 Marcus Fernández

A tecnoloxía LG Cinema 3D opta por lentes pasivas para reducir o seu prezo e resultar máis lixeiras

Mentres os televisores con pantallas 3D sen lentes algúns fabricantes optan por lentes pasivas para achegar ao público ás imaxes estereoscópicas, ante unha pretendida menor fatiga visual e unhas lentes de menor peso e prezo. Nesta liña LG presenta un televisor de 20 polgadas da gama LG Cinema 3D que busca fortalecer a presenza na marca entre os televisores de pequeno tamaño e que porase á venda inicialmente en Corea do Sur por 599.000 wons (402,72 euros) o que pode non ser tan elevado como parece se temos en conta que estamos ante unha pantalla Full HD á que podemos conectar discos duros externos ou memorias USB para a reprodución de imaxes e vídeos, así como reprodutores Blu-ray e consolas de videoxogos para poder gozar de imaxes en 3D.
LG tamén incorpora neste tipo de televisores unha tecnoloxía que permite ver en 3D imaxes en 2D, para poder suplir a carencia de contidos en 3D que hai na actualidade. Co televisor inclúense unhas lentes 3D normais e outras con formato clip para poder acoplarse a lentes graduadas de xeito cómodo.

O novo televisor 3D de LG pretende achegar a estereoscopía aos televisores de pequeno tamaño

PUBLICIDADE