LG presenta un terminal 3G pensando no público con baixo poder adquisitivo

mércores, 25 de novembro do 2015 Marcus Fernández

Non hai dúbida sen que o LG G4 é un dos mellores smartphones deste ano, tanto pola calidade da súa cámara (considerada entre as cinco mellores do mercado) como pola súa magnífica relación calidade-prezo, pero continúa a ser un terminal de alta gama, de aí que para achegarse a territorios onde os consumidores aínda se conforman con terminais sen 4G presenten o novo LG Ray, un smartphone con pantalla de 5,5 polgadas (cunha resolución de só 1.280 x 720 píxeles) que bebe do deseño dos seus irmáns maiores, pero que facendo certas cesións en prestacións consegue situarse nun rango de prezo que o fan ideal para a súa comercialización na Comunidade de Estados Independentes e, posteriormente, en América Latina.
Este smartphone económico chegará con procesador de 8 núcleos a 1,4 GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), 3G (até 21 Mbps), cámaras de 13 e 8 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, batería extraíble de 3.000 mAh de capacidade, un grosor de 9,3 milímetros, un peso de 158 gramos e acabados en cor prata, ouro ou negro titán. En función dos mercados tamén se distribuirá en modelos con unha ou dúas tarxetas SIM.

PUBLICIDADE