LG presentará un móbil-reloxo 3G no CES de Las Vegas
luns, 29 de decembro do 2008
Nos últimos anos
xa veñen chegando ao mercado distintos reloxos de pulso que integran teléfono
móbil, aÃnda que da man de fabricantes pouco coñecidos en occidente coma CECT ou SMS Technology, pero
agora é a propia LG a que entra no sector anunciando o que serÃa o primeiro
móbil 3G (con conectividade de ata 7,2 Mbps baixo HSDPA) con este formato.
O LG
GD910 terá unha pantalla táctil de 1,43 polgadas, marcación por voz,
conversor TTS (texto a voz), Bluetooth, reprodución de MP3, cámara de vÃdeo (que
permitirÃa a realización de videochamadas), un grosor de só 1,39 centÃmetros e
mesmo é resistente á auga.
Este impresionante móbil presentarase no CES de Las Vegas e a súa comercialización
se iniciarÃa por Europa, facendo que os seus usuarios se sintan como Dick Tracy
ou mesmo Michael Knight falando polo seu reloxo (aÃnda que entendemos que o seu
uso natural serÃa a través de mans libres Bluetooth).