LG supera os 10 millóns de smartphones con LTE vendidos a nivel mundial

luns, 4 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Aínda que a telefonía móbil 4G en Europa aínda resulte allea (e tras escoitar aos responsables das operadoras de telecomunicacións durante o Mobile World Congress podemos entender que os prezos para a súa normalización continúen a ser unha incógnita) dado que en mercados como o de Corea do Sur, Xapón ou EE.UU. está a emerxer con forza tempo que dende LG deron conta de que veñen de superar os 10 millóns de smartphones con LTE vendidos en todo o mundo.
LG foi unha das compañías que máis apostou por esta tecnoloxía, e pretenden seguir na mesma liña con terminais como o LG Optimus G, que atenderá a unha crecente demanda de móbiles con conectividade 4G segundo indican compañías como Strategic Analytics, que estima que este ano cheguen ao mercado 275 millóns de smartphones con LTE, o que supón un incremento moi significativo dunha tecnoloxía que amplía as posibilidades das comunicacións móbiles, non só polo incremento das velocidades, senón tamén pola redución da latencia das transmisións de datos, estreitando a distancia entre Internet móbil e fixa.

PUBLICIDADE