LG vende máis de 15 millóns de móbiles Optimus L

venres, 15 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

LG Electronics anunciou hoxe que a familia de smartphones Optimus L está a conseguir vender un terminal cada segundo durante os últimos 2 meses, levando a esta liña de móbiles a superar a barreira dos 15 millóns de unidades. Este comunicado faise a poucos días para o Mobile World Congress, ou sexa, para o primeiro aniversario da presentación dos móbiles Optimus L, que este ano contarán cunha segunda xeración que mellora as súas prestacións e coida aínda máis a súa estética, que é un dos factores que axudou a estes móbiles a facerse un lugar no mercado.
Os Optimus L destacan por ter un deseño coidado, e unha boa relación calidade-prezo, características que manterán na súa seguinte xeración, polo que agardan repetir o seu éxito, que aínda que están lonxe do volume de vendas de Samsung, permite que LG mantéñase no xogo, competindo actualmente con grande forza con fabricantes como HTC, ZTE e Huawei por converterse no segundo fabricante de smartphones con Android.

PUBLICIDADE