La Abadía del Crimen poderá xogarse en PC, PS4 e Switch

xoves, 4 de novembro do 2021 Marcus Fernández

Nos anos 80 o xogo de ordenador La Abadía del Crimen, adaptación non oficial da novela O Nome da Rosa, converteuse non grande referente do software español, estando considerado por moitos como o título máis representativo da Idade de Ouro do Software Español, e como homenaxe a este título temos a Zerouno Games preparando unha conversión para máquinas modernas no que deron en chamar Retro Golden Age – La Abadía del Crimen.
Estamos ante unha solución para gozar do xogo orixinal en ordenadores persoais, que poderá adquirirse a través de Steam, presentando distintos aspectos de pantalla, con opcións de gardado de partida e rebobinado e con numerosos material sobre o xogo para enriquecer esta edición tan especial, que sorprendentemente tamén contará con versións para PlayStation 4 e Nintendo Switch, polo que os que queiran gozar das aventuras de frei Guillermo teranas ao alcance dende moitas plataformas a primeiros de 2022.

A edición Retro Golden Age de La Abadía del Crimen inclúe extras dixitais para homenaxear ao grande clásico dos videoxogos españois

PUBLICIDADE