La Leyenda de Korra estrea videoxogo
martes, 21 de outubro do 2014
Nickelodeon e Activision uniron forzas para lanzar un xogo
de acción en terceira persoal baseado na serie de televisión La Leyenda de Korra (secuela de Avatar: The Last Airbender) e que foi
desenvolvido por Platinum Games, o que é toda unha garantÃa de calidade e
diversión. O xogo xa está dispoñible
para PC a un prezo de 14,99 euros, asà como na
PlayStation Network en versións para PS3 e PS4,
chegando
mañá á Xbox One e á
Xbox 360.
Este xogo conta cunha historia orixinal escrita polos guionistas da serie, na
que unha antiga forza malvada emerxeu dos portais e ameaza o equilibrio entre
os dous mundos, sendo a Avatar a única capaz de derrotar a este nova ameaza,
para o que terá que aproveitar os poderes dos 4 elementos (auga, terra, lume e
aire) cambiando de estilos en calquera momento para executar golpes combinados
devastadores.
Unha aventura que recibirán moi positivamente os seareiros da franquÃa de Avatar e que tamén terá a semana que vén
contará tamén cun xogo independente (aÃnda que cun argumento semellante) para
Nintendo 3DS que foi desenvolvido por Webfoot Technologies e que só se venderá
en soporte fÃsico (en vez de apostar polas descargas como o xogo para
plataformas domésticas).
- Korra pode enfrontrarse ao mal desencadeando potentes ataques nos que emprega os poderes dos 4 elementos