La Vanguardia e Antón Losada deixan de publicar en X
xoves, 14 de novembro do 2024
A noticia de que o diario londiniense The Guardian deixase de publicar actualización en X parece estar a animar a outros a dar o mesmo paso, e nas últimas horas puidemos ver como o diario catalán La Vanguardia anunciaba que deixarÃa de publicar chÃos de xeito directo en X por terse convertido «nunha rede de desinformación dende a chegada de Musk» e incluso o xornalista Antón Losada indicou que deixaba de empregar X ao considerar que «é esgotador» e «non aporta nada».
Dende La Vanguardia aseguran que X é actualmente unha caixa de resonancia para teorÃas da conspiración e a desinformación, lonxe do que era no seu dÃa Twitter, pois carece dunhas medidas de moderación efectivas e razoables.
O xornal catalán ten constatado que o odio ás minorÃas étnicas, a misoxinia e o racismo forman parte dos contidos virais que se distribúen en X, onde adquiren viralidade e captan máis tempo dos usuarios para facer cartos coas insercións publicitarias, de aà que prefiran distanciarse a nivel de participación, aÃnda que continuarán a empregar a plataforma para consultar o que acontece na mesma e informar se resulta procedente.
La Vanguardia lembra que o deterioro de Twitter chegou tras a súa compra por parte de Elon Musk, quen eliminou os departamentos de moderación de contido e relaxou a loita contra os bots, de xeito que a proliferación de contido falso é constante, ao que non axuda que o propio algoritmo estea a premiar os comportamentos tóxicos que calquera outra plataforma procura mitigar.
A mensaxe de despedida de Antón Losada en X é unha boa mostra do que acontece actualmente na plataforma, pois as reaccións que aparecen destacadas corresponden a usuarios que pagan para ter maior visibilidade, que na súa maiorÃa son perfÃs tóxicos, e que en moitos dos casos limÃtanse a insultar ao xornalista sen máis motivo que non coincidir ideoloxicamente, cando este tipo de comportamentos no pasado provocarÃan non só que eses contidos desaparecesen, senón tamén a expulsión dos usuarios que realizan ese tipo de comentarios por non respectar as normas da plataforma.