LaCie Wireless Space integra disco duro e router nun único dispositivo
venres, 17 de setembro do 2010
Combinar nun
único dispositivo un router e un disco duro para facer copias de seguridade é
unha idea que Apple levou a bo porto co seu Time Capsule, e agora replica LaCie
co seu Wireless Space, que incorpora conectividade Wi-Fi N e 3 portos Ethernet,
superando ao trebello de Apple ao contar tamén con compatibilidade DLNA e UPnP
de xeito que facilita o acceso aos seus contidos dende reprodutores multimedia.
O LaCie Wireless
Space é compatible coa función Time Machine de Apple e incorpora un
software cun funcionamento semellante para Windows. Sairá á venda o mes que vén
en capacidades de 1 e 2 Tb (que pode ampliarse mediante discos duros externos conectados aos seus portos USB) partindo dun prezo de 230 dólares nos EE.UU.
- O LaCie Wireless Space conta con portos USB para a conexión de discos duros externos que amplÃen a súa capacidade