LaCie comercializa unha memoria USB 3.0 blindada
xoves, 2 de agosto do 2012
Os
usuarios que precisen transportar información en soporte fÃsico dun xeito teñen
agora unha interesante opción que chega da man de LaCie, fabricante de discos duros
que desta volva adapta unha chave USB
para resistir moitos tipos de agresións á vez que goza de conectividade USB 3.0
(de ata 150 Mbytes/seg.) e permite encriptación segura AES de 256 bits.
A LaCie
RuggedKey conta cunha estrutura de goma que permÃtelle resistir caÃdas de
ata 100 metros de altura (polo que deberÃa soportar golpes e tropezos de
distinto tipo), temperaturas extremas, po e auga (ten certificación IP-54) e,
para ir un paso máis aló, inclúe espazo de almacenamento no servizo na nube
Wuala para poder ter unha copia de seguridade dos contidos desta unidade de
memoria.
Inicialmente a LaCie Rugged Key está dispoñible en capacidades de 16 e 32 Gb por
39,99 e 69,99 euros respectivamente.
- A LaCie RuggedKey pode gardar información encriptada
Demostración da resistencia ás caÃdas da LaCie RuggedKey